tag:blogger.com,1999:blog-53622745232234682462023-11-15T06:22:44.753-08:00Ruta dos Pintores (A Fonsagrada)Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5362274523223468246.post-57030206338483425402011-02-22T21:45:00.000-08:002011-03-09T22:25:08.705-08:00CronicaO día 20 de Febreiro o grupo de sendeirismo PASO MIÚDO organizou unha ruta por A FONSAGRADA. A RUTA DOS PINTORES que así se chama. Eu era a primeira vez ía á montaña
pura e agreste de Lugo. Saímos as oito da mañá desde Ferreira ( e non me preguntedes catos KM. hai porque teño unha memoria fatal ) Lavamos un autobús noviño de todo
que tuvemos moito cuidado de non manchar para que o noso chofér preferido, Vaquero, poida decír que non lle demos nin unha sola torna.
Según íamos subindo a paisaxe era impresionante,aquelas montañas fermosísimas impoñian moito respeto. Fixemos unha parada e despois de tomar un café e comer algo
emprendemos a camiñada.O tempo estaba algo enfurruñado pero pensamos que non nos chovería, pero choveu,e choveu e choveu como nos tempos bíblicos, cousa que non nos
impediu facer a ruta e disfrutar de un camiño entre soutos tapizados de follas de castiñeiros centenarios por a veira do río Allonca. Aló no fondo topámos con a preciosa igrexa do lugar,
tan vella e antiga que xa non se celebra o Culto nela, e ó seu lado un pequeno cemiterio abandoado forman un conxunto de paz e mistério como si retrocedéramos varios seculos.
¡¡ cantas festas se faian arredor daquela igrexa¡¡ Seguimos camiñando por o empinado souto e de cando en vez atopábamos unhas construcións de pedra de forma circular xa fora de
uso chamadas "curripas" onde se gardaban as castañas que recollian no souto para que se foran secando. Seguimos camiñando pegados ó río e chegamos ó muiño de Allonquiña
escondido aló no fondo e que está en bon estado de conservacion inda que precisa ser reparado. E un dos muiños mais bonitos que vin, na planta baixa conserva o rodicio e as moas
para moer o gran, e a planta alta está destinada a vivenda do muiñeiro, o chan e de madeiras anchas e grosas, ten un pequeno cuarto para dormir, outro cuarto con unha mesa
e dúas sillas e outro con dúas grandes arcas para gardar a fariña e o gran coas súas respectibas medidas,pero a sorpresa mais agradable foi atoparnos con unha lareira que tiña
colgada do teito a gallameira para poñer o pote e un escano para quentarse arredor do lume. as duas plantas comunicanse por unha escaleira interior.O lado do muiño hai unha
pequena ponte de pedra para pasar ó outro lado do río. !!esas sí que serian muiñadas!!. Seguimos a nosa ruta agatuñando por a ladeira do souto despois de comer unhas laranxas
que nos deu Elisa para coller forzas axudadas por as galletas de chocolate de Medina. Xa con as forzas recuperadas imos en dirección a Allonquiña pobo natal do pintor Manuel
Vázquez Monteseirín,donde podemos ver mostras de arquitectura popular.Chama a atención o enorme pombal de forma cuadrada situado nun pequeno outeiro.
Tamén é interesante atopar algún que outro horreo de planta cuadrada de tipo asturiano,supoño que sera debido á cercanía de esta zona con a Comunidade asturiana.
Xa de volta por o precioso camiño bordeado de pequenas fervenzas e con a ilusión posta no explendido cocido que deixamos encargado, collemos forzas para ir achegandonos
o autobús. Hai moitas mais cousas moi interesantes por aquí, pero mellor que contárvolas é que veñades velas,merece moito a pena inda que se apañe unha molladura ou dúas.
Asique si decidides acompañarnos en próximos viaxes seredes benvidos.Somos un grupo de xente de boa convivencia con ganas de conocer sitios e pasalo ben.
Esquencíame contar que na estrada pos a que pasamos vimos unha rotonda con un letreiro que decía EN VENTA, estamos considerando moi seriamente comprala e estudiar que
tipo de plantación poñer. Tamen pode ser un posto de xeados,xa veremos.

Alicia Sarmiento.

Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.com0